Ribera del Duero é unha denominación de orixe á que pertencen viñedos situados en Castela e León (España), dentro dunha franxa da conca do río Duero, duns 115 quilómetros de longo e 35 de ancho, situada na confluencia das provincias de Soria, Burgos, Segovia e Valladolid. Os viños DO Ribera del Duero son principalmente tintos, aínda que tamén hai rosados. A variedade de uva máis característica é a xenéricamente chamada Tinta del País, coñecida no mundo do viño como Tempranillo , que constitúe máis do 90% da produción.